Os deportistas do ximnasio Neka de Monforte veñen de acadar seis medallas no Campionato de España de taekwondo, que se celebrou en Alicante o 9 e 10 de marzo. En técnica individual, Laura Álvarez proclamouse subcampiona, e Daniel Areán logrou o bronce. Álex Camba rozou o podio por décimas, rematando en quinta posición. Os tres teñen gañado o pase ao Campionato de Europa, que se disputará en Turquía a comezos de abril. En combate, Junior Martínez acadou a medalla de bronce .
Na modalidade por parellas, Elena Varela e Álex Camba foron subcampións de España, e xuntos tamén lograron a medalla de bronce en freestyle. Así mesmo, Laura Álvarez e Daniel Areán conseguiron un bronce.•
Últimas noticias sobre DEPORTES
A Sociedade Deportiva Río Cabe foi escollida pola Real Federación Española de Golf como sede do
Despois da vitoria lograda a domicilio a pasada xornada ante o Pontevedra B, a SD Sarriana
O domingo ás 18 horas, A Pinguela acollerá un partido clave para o futuro dos lemistas,
O pasado mes de marzo deu comezo oficialmente a nova tempada de pesca en augas continentais