Crónica del sur de Lugo

Ata o 29 de marzo para repasar en Monforte a historia recente da provincia de Lugo en fotos

A mostra fotográfica está instalada dende o 12 de marzo na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte. GPDTL

A Consellería de Cultura trouxo a Monforte a exposición itinerante “A provincia de Lugo a mediados do século XX”, que reúne fotografías históricas de 25 municipios lucenses.
A exposición, pertencente á Delegación Territorial da Xunta en Lugo, explica de xeito visual a realidade das terras de Lugo do século XX, captada pola cámara do fotógrafo José Luis Vega Fernández. As fotografías, procedentes do Arquivo Provincial de Lugo, van acompañadas por textos extraídos da obra “Geografía General del Reino de Galicia”, do escritor Manuel Amor Meilán.
A mostra inclúe tres fotografías tomadas en Monforte en 1958. Unha delas, recolle a manifestación dos mineiros de Freixo para dar a benvida a José Solís Ruiz, ministro e delegado nacional de sindicatos da época. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio