Crónica del sur de Lugo

Sober estreará unha explotación de vacún e outra de horta e cereal nas terras recuperadas

O conselleiro do Medio Rural visitou, xunto ao alcalde, os terreos incorporados ao Banco de Terras no proxecto de recuperación financiado pola Xunta, o 4 de marzo. GPXG

Sober incorporará dous novos negocios vinculados ao rural, grazas ao proxecto de recuperación de terras baldías que impulsou a Xunta hai un ano e medio. No espazo das 23,4 hectáreas que se acondicionaron, vanse poñer a funcionar unha explotación de gando vacún e outra adicada á produción de cereal e horta.

RECUPERANDO TERRAS BALDÍAS PARA ACTIVAR A ECONOMÍA RURAL
O proxecto comezou coa identificación dos titulares de 191 parcelas que estaban abandonadas na parroquia soberina de Santa María de Proendos. Segundo lembrou o conselleiro do Medio Rural, José González, na súa visita a Sober o 4 de marzo, este “laborioso” traballo culminou coa incorporación de 155 parcelas ao Banco de Terras. A Xunta custeou con 65.000 euros todo o proceso, no que entraron tamén as labores de roza e o acondicionamento dos camiños de acceso.
O titular de Medio Rural, que estivo acompañado polo alcalde de Sober, Luis Fernández, lembrou que este tipo de proxectos buscan crear actividade económica rendible no rural. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio