Crónica del sur de Lugo

Os Premios Mestre Mateo volven a Monforte da man de Amanita Studio

Cartaz do documental “Idénticas”, producido por Amanita Studio e gañador do Premio Mestre Mateo ao Mellor Documental 2019 na categoría de Producción. (Foto cedida).

A produtora monfortina Amanita Studio vén de conseguir o seu segundo Premio Mestre Mateo, desta volta polo documental “Idénticas”. A peza, dirixida por Luis Avilés e producida pola firma monfortina, acadou o Premio ao Mellor Documental, dentro da categoría de Producción, na gala dos XVII Premios Mestre Mateo, celebrada no Pazo da Ópera de A Coruña o 2 de marzo.
A longametraxe documental “Idénticas” conta a historia de dúas irmás xemelgas, Cayetana e Celia, de sete anos, ás que se lles diagnosticou etereoplaxia ósea progresiva, unha enfermidade clasificada como ultrarara. Na historia dirixida por Luis Avilés e producida por Amanita Studio cóntase o día a día das cativas e as circunstancias que, por mor desta enfermidade, han de afrontar elas e os seus pais.
O caso de Cayetana e Celia é o único do mundo no que esta enfermidade aparece en dúas xemelgas idénticas. Tamén é único o feito de que Cayetana ten os síntomas, pero Celia aínda non desenvolveu a enfermidade.
Este premio é o segundo Mestre Mateo para a produtora monfortina, que xa o gañara en 2016 polo documental “Os Días Afogados”. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio