Crónica del sur de Lugo

Preto de 300 deportistas estarán en Monforte nos campionatos galego e provincial de volei organizados polo CV Ribeira Sacra

A presidenta do CV Ribeira Sacra, Yolanda Maciñeiras; o alcalde de Monforte, José Tomé; o director deportivo da Federación Galega de Volei, Juan Carlos Suárez; e o director deportivo do CV Ribeira Sacra, Manolo Martínez, na presentación dos campionatos, o 13 de marzo. GPCM

Monforte será a sede, o sábado 16 de marzo, do campionato galego de voleibol alevín, e da competición provincial na categoría benxamín. As dúas probas congregarán na cidade do Cabe a 296 deportistas, acompañados por 56 adestradores pertencentes a 18 clubes, aos que haberá que sumar preto de 1.500 persoas procedentes de varios puntos de Galicia.

TODAS AS CATEGORÍAS ALEVÍNS, XUNTAS POR VEZ PRIMEIRA NUN MESMO CAMPIONATO
O CV Ribeira Sacra actúa como anfitrión desta edición, na que “por primeira vez en Galicia realízase a concentración de categorías alevíns nun mesmo campionato”, segundo explicou a presidenta do club, Yolanda Maciñeiras, na presentación oficial do evento. Maciñeiras, que estivo acompañada polo director deportivo da entidade, Manolo Martínez, agradeceu “a boa acollida e disposición” do Concello para facer posible que esta proba se celebrara en Monforte.

“GRAN ESPECTÁCULO DEPORTIVO” NA PINGUELA, CON CASE UN 20% MÁIS DE PARTICIPANTES QUE OUTROS ANOS
Á presentación asistiu o alcalde, José Tomé, quen salientou a preparación “específica” do pavillón municipal para acoller a proba. “Instaláronse 9 campos de volei para celebrar outros tantos partidos á vez ao longo de todo o día”, no que se convertirá “nun auténtico espectáculo deportivo”.
No anuncio da proba, o director deportivo da Federación Galega de Voleibol, Juan Carlos Suárez, adiantou que a cita de Monforte acollerá case un 20% máis de participantes que nas edicións anteriores.
Os partidos comezarán ás nove e media da mañá, organizados nunha primeira fase de liguiña, para continuar nunha segunda manga eliminatoria ata disputar a final. Os premios entregaranse sobre as oito e media da tarde. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio