Crónica del sur de Lugo

Todo listo para desfrutar do Entroido con actividades para todos en Sober

Os Compadres e Comadres teñen un protagonismo moi especial no Entroido soberino. (Arquivo GPCS)

O Entroido en Sober comezou con actividades para os máis cativos, dentro da programación das Merendas con Contos da Biblioteca Municipal. Con este motivo, dúas sesións de febreiro adicáronse a preparar o Entroido e a elaborar disfraces.
A celebración do Xoves de Compadres, o 21 de febreiro, e o de Comadres, o 28, serviron para ir poñendo en prática o bo humor e a gana de diversión, sacando á rúa composicións de monicreques para botar unhas risas. O 1 de marzo, celebrarase un desfile polas rúas da capitalidade, no que participará o alumnado do CEIP Virxe do Carme.
Ademais, o Concello tivo aberto o prazo ata o 20 de febreiro para presentar composicións ao V Certame Coplas de Entroido.
O sábado 2 de marzo será o día grande do Entroido soberino. A partir das cinco e media, comezará o desfile de comparsas polas rúas da capitalidade, e a festa continuará co XIII Baile da Cachucha. No pavillón do colexio haberá inchables, música e merenda, ademais de premios. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio