Crónica del sur de Lugo

Conta atrás para desfrutar do Entroido en Monforte

Imaxe dun dos Compadres elaborados en Monforte de Lemos. EC

En Monforte xa teñen listos os deseños dos disfraces e carrozas, na conta atrás para celebrar o Entroido.

PREMIOS AOS MELLORES COMPADRES E COMADRES
A primeira cita festiva foi o Xoves de Compadres, o 21 de febreiro, que tivo continuidade o Xoves de Comadres, o día 28. Como en anos anteriores, o Concello de Monforte entregou premios ás mellores composicións, na modalidade de centros de ensino, na de barrios, rúas e parroquias, e unha terceira modalidade para aportacións individuais. 

PREMIOS DO DESFILE DO MARTES DE ENTROIDO
No caso do Martes de Entroido, os disfraces e comparsas locais poderán optar a premios importantes, xa que o primeiro galardón para as comparsas de máis de 90 compoñentes pode chegar ata os 1.000 euros. Para os disfraces e comparsas de fóra de Monforte, o premio de maior contía é de 350 euros. Ademais, o Concello outorgará premios de 100 euros á mellor comparsa tradicional, a mellor posta en escea e a mellor música en vivo, así como ao mellor humor e a mellor crítica de actualidade.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir a Inicio