Crónica del sur de Lugo

A Deputación dará formación no eido forestal e gandeiro a 60 desempregados

• Os cursos están dentro do programa DesenvolvendORural, dentro da sección adicada á capacitación profesional
• Os tres cursos, que se impartirán en Lugo, suman 900 horas • A inscrición está aberta ata o 30 de xaneiro

Sonsoles López Izquierdo achegouse ata a Axencia de Colocación do organismo provincial, o 16 de xaneiro, para dar conta dos novos cursos de formación. GPDL

A formación para os sectores con máis demanda de emprego na provincia e a inserción laboral dos lucenses son os obxectivos dos novos obradoiros que a Deputación vai poñer en marcha.

“DEMANDA REAL” DE MAN DE OBRA CUALIFICADA
A mediados de xaneiro, a deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, deu a coñecer na Axencia de Colocación os tres obradoiros de capacitación profesional, integrados no programa DesenvolvendORural, dotado con 2,2 millóns de euros. Izquierdo precisou as características destes cursos, totalmente gratuítos, que buscan a reconversión profesional de 60 lucenses nos sectores forestal e gandeiro. A deputada salientou que estas accións responden ás demandas achegadas polas empresas, porque hai unha “demanda real” de man de obra cualificada nestes eidos.
Ao remate da fase formativa dos obradoiros, abrirase unha bolsa de emprego para os participantes. As previsións do organismo provincial apuntan cara unha inserción laboral dun mínimo do 80%.
Cada obradoiro contará con 20 prazas, e todos terán como sede a capital provincial. O obradoiro de formación en granxas de leite e carne, de 365 horas, será impartido por Unións Agrarias. Pola súa banda, ASEFOGA encargarase do curso de formación básica forestal, de 200 horas. A Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo coordinará o curso sobre formación en transformación de madeira, de 300 horas.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 30 de xaneiro na Axencia de Colocación da Deputación de Lugo. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio