Crónica del sur de Lugo

Medio Rural renovou 23,13 hectáreas de pastos en Folgoso do Courel

O delegado da Xunta en Lugo achegouse aos pasteiros renovados en Cervantes, o 14 de xaneiro. GPDTL

Un total de 5 montes veciñais en man común dos municipios de Folgoso do Courel, Cervantes e Mondoñedo, veñen de incluír sistemas de aproveitamento silvopastoril nunha superficie de 41 hectáreas. Os proxectos desenvolvéronse cun investimento da Xunta de 174.000 euros.
José Manuel Balseiro, delegado da Xunta en Lugo, precisou os detalles de inversión en cada monte. No municipio de Folgoso do Courel, a Consellería do Medio Rural aportou 91.400 euros para renovar un total de 23,13 hectáreas de pasteiros, das que 13,75 pertencen ao monte das Rozadas, e as outras 9,3 ao de Seceda.
No caso de Mondoñedo, investíronse 11.000 euros na construción dunha manga para a condución do gando no monte de Tronceda.
Pola súa banda, a inversión de Medio Rural en Cervantes foi de 71.480 euros, para recuperar 7 hectáreas no monte de Vilar de Mouros, e outras 11,5 no de Vilaver.
En moitos casos, foi preciso acondicionar o terreo con desmontes e acordoado e arranque de cachopas, ademais de gradar e rozar a superficie. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio