Arranca en febreiro a cuarta edición do Coworking de Monforte

•O prazo de inscrición está aberto ata finais de xaneiro •A convocatoria está aberta para calquer persoa que teña pensado un proxecto empresarial

Imaxe de arquivo dunha edición anterior do Coworking de Monforte. Arquivo EC

O recinto de Expolemos acollerá, a partir de febreiro, unha nova edición do Coworking Ribeira Sacra. Esta iniciativa, resultado da colaboración entre a Escola de Organización Industrial (EOI) e o IGAPE, ofrece de balde asesoramento e apoio integral aos emprendedores, para que poñan a andar os seus proxectos.

CADA PROXECTO ESTARÁ GUIADO POR UN MENTOR
No espazo Coworking, os participantes dispoñen de aulas e zonas de reunión nas que terá lugar o proceso formativo, e nas que poderán recibir o asesoramento dun mentor para validar e arrancar cada proxecto.
A cuarta edición do Coworking Ribeira Sacra en Monforte, que ofrece unha vintena de prazas, desenvolverase ata finais do mes de xuño.

TOMÉ: “MOI BOA OPORTUNIDADE PARA IMPULSAR PROXECTOS NA ZONA”
Dende o Consistorio, o alcalde, José Tomé, animou aos monfortinos e aos veciños da comarca a inscribirse. “A aceleradora de empresas vai ser unha moi boa oportunidade para impulsar novos proxectos na zona”. O rexedor salientou que “neste momento, precisamos máis que nunca ideas que permitan xerar postos de traballo”.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
As persoas interesadas poden inscribirse a través do enlace https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/monforte-de-lemos-4a-edicion. Tamén se pode obter información e facer a inscrición na oficina da axente de desenvolvemento local do Concello de Monforte, situada nas Casitas da Compañía.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A xestión municipal de Deporte de Monforte 2018, en datos

Seguinte Nova

Medio Rural renovou 23,13 hectáreas de pastos en Folgoso do Courel

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: