Crónica del sur de Lugo

Presentación oficial no Novo Chanto dos 13 equipos e escolas deportivas que integran a familia do CB Sarria

Foto de familia da totalidade dos deportistas do club sarriao e das escolas deportivas, na presentación oficial da tempada 2018-2019, o 19 de xaneiro.
(Foto: CB Sarria)

O CB Sarria celebrou a presentación oficial dos seus equipos e escolas deportivas. O sábado 19 de xaneiro, déronse cita no pavillón Novo Chanto os integrantes dos 13 equipos da formación sarriana, ademais dos escolares que xogan nas escolas deportivas que o club coordina nos colexios de Sarria, Oural, Paradela e O Incio.
O acto tivo lugar ao remate do partido entre o IF Podología CB Sarria e o Imprenta Baloncesto Ourense, da categoría senior masculina, que culminou coa vitoria para os de Sarria por 82-62.

MOITO PÚBLICO
Nas bancadas, rexistrouse unha alta afluencia de asistentes, entre familiares, amigos e veciños. En representación do Concello, acudiu a alcaldesa, Pilar López, e o concelleiro de Deportes, Efrén Castro.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio