Crónica del sur de Lugo

A XI Carreira Popular de Monforte será o domingo 24 de marzo, e cun percorrido de 10 quilómetros na absoluta

Este ano, a proba absoluta de Monforte amplíase ata os 10 quilómetros de percorrido urbano. FC

A edición número once da Carreira Popular Concello de Monforte terá lugar o domingo 24 de marzo. Como novidade, o circuíto monfortino medra ata os 10 quilómetros de distancia na proba absoluta, incorporando ao trazado urbano a rúa Doutor Casares, o Paseo do Malecón e a rúa Sarria.

NOVOS TRAMOS NO ITINERARIO URBANO
O punto de chegada e saída será, como en edicións anteriores, a Explanada da Compañía. Dende alí, o percorrido seguirá por Paseo de Lugo, Carude, San Lázaro, Reboredo, Dalmiro de La Válgoma, Escultor Francisco Moure, rúa Sarria, Avenida de Galicia, rúa Hortas, rúa Doctor Casares, Paseo do Malecón, Ponte Vella, rúa Antonio Méndez Casal, Praza Campo de San Antón, rúa Ourense, Avenida de Galicia, rúa Cardeal e Escultor Francisco Moure, ata voltar á meta na Compañía.

CHIP, AVITUALLAMENTO E INSCRICIÓNS
Todos os participantes, agás os de categoría mini, deberán levar un chip para a cronometraxe. A organización ofrecerá avituallamento sólido e líquido a todos os corredores ao remate das carreiras, ademais dun agasallo de recordo.
As inscricións en todas as categorías deberán realizarse na web www.championchipnorte.com. As inscricións colectivas para os colexios de Monforte terán de prazo ata o venres 15 de marzo. As inscricións individuais e do resto de grupos realizaranse ata o xoves 21 de marzo. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio