O IES Daviña Rey acepta o reto do programa lingüístico “21 días co galego e +”

•O Daviña estreouse no blog do programa cunha entrada sobre gastronomía e un tutorial das Mastercociñeiras para facer filloas innovadoras

O vídeo das Mastercociñeiras do IES Daviña Rey protagonizaron a terceira xornada do blog do programa. (Captura do blog https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/2019/01/16/dia-3-gastronomia/

•O alumnado de 12 a 18 anos de catro institutos galegos comprometeuse a usar o galego as 24 horas durante 21 días, e combater os freos que impiden esta normalización

A normalización do galego entre adolescentes e mocidade é o obxectivo do programa “21 Días en Galego e Máis”, no que participan este ano 1.316 alumnos e alumnas de 12 a 18 anos de catro institutos galegos, un por provincia. En representación de Lugo está o IES Daviña Rey, un dos primeiros en subir unha entrada ao blog que dá visibilidade a esta iniciativa en internet.

Un grupo de estudantes do IES Daviña Rey ofrece as súas opcións de recheo para filloas. (Captura do blog https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/2019/01/16/dia-3-gastronomia/

Os estudantes do centro monfortino escolleron a gastronomía para facer a súa aportación, incluíndo unha listaxe con interesantes referencias audiovisuais en galego sobre programas e blogs gastronómicos. Eles mesmos elaboraron o seu propio vídeo, protagonizado polas Mastercociñeiras, que con humor e bo xeito constrúen un auténtico tutorial para facer filloas innovadoras. A receita inclúe os ingredientes típicos desta sobremesa tradicional, e como recheo suxiren crema de castañas e lacasitos. A sorpresa é que unha das “filloas tutti-frutti” é azul, o que a fai aínda máis apetecible. •

As filloas innovadoras que elaboraron as Mastercociñeiras para o programa “21 Días en Galego e Máis”. (Captura do blog https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/2019/01/16/dia-3-gastronomia/

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Pobra presume de veciñanza e cultura na revista municipal «A Auga do Mollón»

Seguinte Nova

O teatro, unha alternativa de lecer para todas as idades en Chantada e Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: