Crónica del sur de Lugo

O Merca e Gaña polo Nadal xerou un 18% máis de ingresos que o ano pasado

• Esta iniciativa da Deputación de Lugo para impulsar o pequeno comercio recadou 1,9 millóns de euros durante a campaña de Nadal

Os premios da campaña da Deputación en apoio do comercio de proximidade entregáronse o 18 de xaneiro en Lugo. GPDL

A campaña Merca e Gaña polo Nadal, que a Deputación de Lugo organizou en colaboración coa Federación Galega de Comercio, recadou 1,9 millóns de euros, un 18% máis que na edición anterior. O balance presentouse durante o sorteo do que saíron os 40 gañadores das 20 tarxetas-regalo por valor de 300 euros cada unha, e das outras 20 por importe de 200 euros. Con este sistema, a campaña repartiu 10.000 euros en premios, que revertirán en novas compras no pequeno comercio.
PRETO DE 31.500 COMPRAS DENTRO DA CAMPAÑA
A campaña de promoción do comercio de proximidade estivo en marcha dende o 6 de decembro ao 6 de xaneiro, nun total de 40 concellos e na capital provincial, e cun balance de 31.414 operacións de compra rexistradas. Segundo explicou o voceiro do Goberno provincial, Álvaro Santos, durante a presentación do balance, o número de participantes medrou un 15% respecto ao ano anterior, cando houbo 27.000 compras.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio