Crónica del sur de Lugo

Sarria invita a degustar o porco e os seus produtos o 16 e 17 de febreiro

•O sábado terá lugar a Feira Fiporco e o Cocido do Porco Celta •Os ovos fritidos con chourizo serviranse en tres restaurantes da comarca o domingo

Os produtos do porco centrarán a xornada do sábado 16 na feira Fiporco, no mercado gandeiro de Sarria. Arquivo EC

A fin de semana do 16 e 17 de febreiro, Sarria encherase de sabores para enxalzar ao porco e á gastronomía vinculada ao porco celta.

16 EXPOSITORES DE PRODUTOS CÁRNICOS, MEL, QUEIXO E DOCES EN FIPORCO
Durante a xornada do sábado, o campo da feira acollerá a terceira edición de Fiporco, a Feira Internacional de Porco e os seus produtos gastronómicos. No evento, que se desenvolverá dende as dez da mañá ata as oito da tarde, 16 expositores terán á venda unha ampla variedade de produtos, con especial atención ao porco, aínda que tamén poderán atoparse doces, marmelos, mel ou queixos, fundamentalmente de produtores da comarca de Sarria. Tamén estarán presentes catro anticuarios da vila xacobea.
O recinto feiral estará amenizado coa música dos Gaiteiros de Goián, que darán paso á recepción oficial á unha da tarde. Sobre esta hora, arrancará tamén o percorrido oficial pola vila do Club Clásicos de Sarria. Os vehículos quedarán expostos no aparcadoiro do mercado gandeiro.
Á unha e media, terá lugar a lectura do pregón, que este ano estará a cargo de José Manuel Romay Beccaría. Xa ás dúas e media, comezará a comida-degustación do cocido de porco celta, e ao remate, terá lugar o nomeamento de Cazoleiras e Tixoleiros 2019, e a actuación musical do grupo The Sibaritas.
O domingo completarase a fin de semana gastronómica co xantar de ovos fritidos con chourizo nos restaurantes Hotel Alfonso IX, Roma e A Veiga. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio