Crónica del sur de Lugo

Denuncian a supresión dun posto na cociña do Hospital de Monforte e a marcha dun especialista a Ourense

CIG-Saúde reclama “estabilidade” para a plantilla do Hospital de Monforte. Arquivo EC

O sindicato CIG-Saúde do Hospital de Monforte continúa a denunciar a diminución de persoal que afecta a varios departamentos do centro.

MÁIS CARGA DE TRABALLO PARA O PERSOAL CON POSTOS ADAPTADOS POR SAÚDE
A formación sindical alertou da supresión dunha praza de pinche na cociña. O colectivo explicou que esta medida “busca liberar ao cociñeiro xefe das tarefas de cociña e centrarse só na xefatura”, e así “contratar a outro cociñeiro”. Dende CIG-Saúde lembraron que o traballo do pinche “é moi repetitivo”, o que ocasiona lesións e provoca que haxa “varias pinches con postos adaptados por saúde laboral”. “Se agora lle quitan unha praza, a carga de traballo será maior e, probablemente, haxa máis lesións”, denunciaron. O sindicato aclarou que “non está en contra de que o xefe de cociña teña só funcións de xefe”, senón que sexa “a costa doutro compañeiro, neste caso unha pinche”.

UN MÉDICO DE REHABILITACIÓN MENOS, E DÚBIDAS SOBRE OS ESPECIALISTAS PROMETIDOS
Os responsables de CIG-Saúde tamén denunciaron a marcha dun médico de Rehabilitación, que decidiu aceptar unha interinidade en Ourense “por non terlle ofertado un contrato decente no Hospital de Monforte”. Dende o sindicato criticaron “a desidia da dirección”, que provoca que “marchen todos os médicos que temos con contratos precarios de tres meses”. En CIG-Saúde consideran “fundamental” para o Hospital de Monforte “estabilizar a plantilla”. Ademais, insisten na súa denuncia ao descubrir que, segundo está a oferta de emprego público, “non vai vir o especialista de Dixestivo prometido, e hai dúbidas sobre o de Cardioloxía”.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio