Crónica del sur de Lugo

As Rutas Fluviais da Deputación tiveron un 10% máis de visitantes

As rutas en catamarán da Deputación de Lugo ampliáronse este ano ata o 9 de decembro. GPDL

As Rutas Fluviais que a Deputación de Lugo organiza polos ríos Miño e Sil continúan a sumar visitantes. O balance da recente tempada, presentado a mediados de xaneiro, rexistrou un total de 59.300 visitas entre abril e mediados de decembro de 2018, o que supón 6.128 máis que na tempada anterior.

MÁIS DÍAS PARA GOZAR DA RIBEIRA SACRA
O deputado de Turismo, Eduardo Vidal, apuntou que a alta demanda nos catamaráns levou ao organismo provincial a ampliar a tempada dende o 1 de novembro ata o 9 de decembro. “Esta prolongación do periodo das rutas fluviais da Deputación permitiu que máis xente descubrise a riqueza que compartimos as provincias de Lugo e Ourense, que é a Ribeira Sacra”, salientou.

O SIL DENDE DOADE, A RUTA CON MÁIS VISITANTES
O incremento máis notable na cifra de viaxeiros correspondeu á ruta de Doade, con 47.578 persoas, fronte ás 41.715 do ano anterior. A ruta de Belesar sumou este ano 11.430 pasaxeiros.
Vidal Baamonde enumerou as melloras que o Executivo provincial realizou nas Rutas Fluviais. A posta en marcha da nova oficina de atención turística no embarcadoiro de Doade, a mellora das embarcacións, e os avances na central de reservas 24 horas súmanse aos diversos eventos que o organismo provincial impulsou na zona, como o Festival Internacional de Música 17º. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio