Monforte estreou en FITUR a súa primeira guía turística en tres idiomas

•Editáronse 10.000 exemplares en castelán, galego e inglés •Tamén se elaborou un tríptico informativo

O alcalde de Monforte estivo presente en todos os eventos vinculados á Ribeira Sacra no stand de Galicia na Feira FITUR, celebrada en Madrid do 24 ao 27 de xaneiro. GPXG

Na nova edición da Feira Internacional de Turismo FITUR, o Concello de Monforte deu a coñecer a primeira guía turística do municipio. Na mesma semana do evento, o 23 de xaneiro, o alcalde, José Tomé, xunto á tenente alcalde, Gloria Prada, presentou na cidade do Cabe dúas novas publicacións turísticas, unha guía e un tríptico, “que ofrecen unha información clara e concisa cos datos máis destacados de Monforte”.
O Consistorio editou 10.000 exemplares da guía, e outros tantos do tríptico, en castelán, galego e inglés. As publicacións, que foron elaboradas pola empresa monfortina Amanita Studio, poden adquirirse na Oficina de Turismo, librarías e locais de hostelería que desexen distribuíla. A guía custa 1 euro, e o tríptico é de balde.
Tomé xustificou esta iniciativa porque “o turismo na comarca está experimentando un crecemento moi importante”, polo que “Monforte precisaba ter un documento gráfico e informativo sobre a nosa riqueza cultural e paisaxística”. O rexedor lamentou que “aínda que pareza mentira, Monforte carecía dunha guía turística”. Tomé adiantou novos produtos promocionais sobre a cidade do Cabe. Así, “máis adiante”, o Concello contará cun video promocional, no que se recollan os eventos máis salientables, así como elementos patrimoniais ou gastronómicos, entre outros.
A guía e o tríptico están presentes en FITUR, que se celebra en Madrid do 23 ao 27 de xaneiro. Os elementos promocionais sobre Monforte poderanse atopar nos stands de Galicia e no da Rede de Xuderías de España. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Ribeira Sacra amosou en FITUR unha nova proposta que combina o xogo de resolver pistas coa tecnoloxía da realidade aumentada

Seguinte Nova

As Rutas Fluviais da Deputación tiveron un 10% máis de visitantes

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: