As visitas aos espazos da Rede Museística Provincial medraron un 3% en 2018

Imaxe de arquivo da Exposición Gil, un dos fitos máis salientables da programación da Rede Museística Provincial de 2018. GPDL

A Rede Museística da Deputación de Lugo recibiu preto de 114.000 visitantes durante 2018, o que supón un aumento de máis do 3% respecto ao ano anterior. O balance foi presentado pola deputada de Cultura, Pilar García Porto, quen apuntou a vontade do organismo provincial de «promover o noso patrimonio material e inmaterial», ao mesmo tempo que «fomentamos o turismo cultural na provincia». Con este obxectivo, a Rede Museística programou actividades, visitas e exposicións ao longo do ano.

PICOS DE AFLUENCIA NO VERÁN
Por meses, o verán foi a época máis concurrida nos catro museos de titularidade provincial. En xullo, rexistráronse 12.922 visitantes, cifra que medrou ata os 17.901 en agosto. Respecto a 2017, o mes con maior crecemento en visitantes foi maio, cun 14% máis, seguido por novembro, cunha subida do 12%.
O NÚMERO DE VISITAS EN CADA MUSEO VARÍA SEGUNDO O MES
No Museo Pazo de Tor, o maior aumento rexistrouse en xuño, cun 194% máis de visitas. O mesmo mes tamén foi bo no Museo San Paio de Narla, cun 51% de incremento. As maiores subidas no Museo do Mar rexistráronse en febreiro e novembro, cun 17% máis de entradas, mentres que maio foi o máis dinámico no Museo de Lugo, cun 14% máis de visitas que o ano anterior.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Cinco proxectos en turismo, tecnoloxía, agroalimentario e benestar reciben os premios ao Emprendemento no Rural

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra amosou en FITUR unha nova proposta que combina o xogo de resolver pistas coa tecnoloxía da realidade aumentada

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: