Carreira popular en Sober e recoñecemento para a natación monfortina

Equipo master do Clube de Natación de Monforte. CNM

O domingo día 19 de xuño terá lugar no concello de Sober a celebración da III Carreira Popular “Concello de Sober”. Como todos os anos haberá diferentes distancias e categorías, e premios para os mellores clasificados. Asimesmo, realizarase unha exhibición de Taekwondo por parte do ximnasio Neka. Pola súa parte, o equipo máster do Clube de Natación de Monforte ven de obter uns inmellorables resultados no Campionato Galego Master de Verán; destacando así a consecución de 10 medallas por parte dos cinco participantes (Esteban, Francisco Carbón, Manuel Fuentes, Silvia e María Victoria), con sete ouros e tres pratas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pleno total para os rapaces do Neka

Seguinte Nova

O movemento asociacionista de Chantada busca un futuro en común

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: