Crónica del sur de Lugo

O Bar Dickens FC alzouse co triunfo no Torneo de Nadal de Quiroga

Os vencedores do torneo de fútbol sala quirogués posaron co trofeo conseguido o 29 de decembro. (Foto: RAÚL CARBALLEDO))

As festividades en Quiroga adoitan incluír o deporte como un dos elementos importantes da axenda. No Nadal, o Concello de Quiroga organizou o Torneo de Fútbol Sala, que deu o triunfo ao Bar Dickens FC, nunha competición que se celebrou no pavillón municipal do 26 ao 29 de decembro.
A vitoria veu logo dunha final “emocionante”, segundo explicaron dende a organización, que se disputou entre o Bar Dickens FC e o QFS Evolution. Coas bancadas ateigadas de público, os vencedores evitaron no último momento a tanda de penaltis á que estaban abocados cun marcador a 4-4. O terceiro posto foi para o Estrelas Coxas, que fixo o seu mellor torneo tras varias edicións. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio