Crónica del sur de Lugo

A Deputación de Lugo e LugoPatrimonio renovan a colaboración

A deputada de Cultura, Pilar García, e o presidente de LugoPatrimonio, Adolfo Vilela, na sinatura do convenio, o 2 de xaneiro. GPDL

A comezos deste mes, quedou asinado o convenio de colaboración entre a Deputación e a Asociación LugoPatrimonio. O convenio, por importe de 5.000 euros, continúa o compromiso de apoio da institución provincial con este colectivo, adicado a poñer en valor a riqueza material e inmaterial do territorio lucense.
A labor de LugoPatrimonio concrétase na organización de xornadas e conferencias, para chamar a atención sobre o “esquezo e deterioro” do patrimonio lucense, e buscar vías de solución. LugoPatrimonio organiza eventos ao longo de toda a provincia, en colaboración con entidades locais e culturais que traballen co mesmo fin.
A achega da Deputación financiará a organización e posta en marcha de conferencias, xornadas e debates. Ademais, o apoio provincial materialízase en accións como a celebración, no Pazo de San Marcos, dunha xornada de información e debate sobre a conservación do Cuartel de San Fernando. O Goberno provincial ten planteado á Xunta, dende 2008, que recupere o edificio para convertelo en Museo Arqueolóxico Galaico-Romano. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio