O Pleno municipal aproba por unanimidade o PXOM de Quiroga

•O documento incorpora como solo urbanizable 368.500 metros cadrados máis

O PXOM de Quiroga aprobouse definitivamente no derradeiro Pleno municipal de 2018. Arquivo EC

Quiroga comezou o ano 2019 cun novo planeamento urbanístico. No Pleno municipal celebrado o 28 de decembro, a Corporación quiroguesa aprobaba por unanimidade o texto refundido do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Neste documento, baseado no texto que se aprobara a nivel municipal en 2014 e 2015, incorporáronse desta volta as correccións propostas dende a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

ACEPTADAS 0 90% DAS ALEGACIÓNS
Segundo recolle o Plan, o solo directamente urbanizable aumenta de xeito importante, ao incorporar outros 368.500 metros cadrados.
O documento recibiu 272 alegacións na fase de información pública. A versión aprobada no Pleno tivo en conta, de forma total ou parcial, o 90% destas comunicacións.
A tramitación completouse co envío do documento á Xunta de Galicia, para que proceda á súa aprobación definitiva.•

ACORDO UNÁNIME PARA O CENTRO DE DÍA DA RIBEIRA

• No Pleno ordinario do día 28 tamén houbo unanimidade para dar luz verde ao servizo do Centro de Día da Ribeira, coa aprobación do regulamento e da dotación económica. Resolta a fase municipal, o documento enviouse á Xunta para que emita os correspondentes informes sectoriais. O texto tamén está exposto durante 30 días no taboleiro de anuncios do Concello, e publicarase no Boletín Oficial da Provincia. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Expertos prevén que aumente a demanda de madeira de piñeiro galego

Seguinte Nova

A depuradora de Monforte podería financiarse con fondos Feader non gastados en Santiago

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: