Pleno total para os rapaces do Neka

Redacción – Monforte

Os alumnos do clube de taekwondo Neka de Monforte veñen de participar por vez primeira na Fase Provincial de Deporte Escolar, celebrada o pasado 4 de xuño en Rábade. O responsable do ximnasio e monitor José María Vega, destacou os excelentes resultados acadados, “xa que os rapaces fixeron pleno, posto que en individual participaron oito e todos conseguiron medalla; e en exhibición participaron dous grupos, e tamén os dous a lograron”. Así, na modalidade de combate acadaron oito medallas: seis de ouro, unha de prata e outra de bronce. Mentres tanto, na modalidade de exhibición, acadaron dúas pratas. Agora toca pensar xa no seguinte campionato, que terá lugar o 18 de xuño en Baiona. “Trátase do Campionato Galego de Deporte Escolar, e neste xa participa moita máis xente de toda Galicia, pero dende logo nós acudiremos contentos, e sobre todo despois de obter tan bos resultados na fase provincial”, sinalou Vega.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Fútbol sala en Monforte: Máis de trinta anos xogando unha liga de “tempo libre”

Seguinte Nova

Carreira popular en Sober e recoñecemento para a natación monfortina

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: