136 gandeiros e agricultores aproveitarán 582 hectáreas co Plan de Recuperación de Terras Abandonadas da Deputación

•O Executivo provincial aprobou axudas por 300.000 euros para poñer en valor terreos que estaban sen uso

O voceiro do Goberno provincial, Álvaro Santos, no anuncio da aprobación das axudas do Plan por 300.000 euros. GPDL

A nova edición do Plan de Recuperación de Terras Abandonadas que ten en marcha a Deputación permitirá que outros 136 gandeiros e agricultores poñan a producir 582 hectáreas baldías na provincia. As subvencións, por un importe total de 300.000 euros, aprobáronse a finais de decembro.
O voceiro do Executivo provincial, Álvaro Santos, lembrou en rolda de prensa que o Plan xa tiña axudado, en edicións anteriores, a 220 gandeiros e agricultores, o que fixo posible a recuperación de 1.200 hectáreas. Santos precisou que esta iniciativa confirma a «aposta do Goberno provincial por unha Deputación co rural». Deste xeito, o Plan vén sumar en todas as edicións 1.888 hectáreas de terreo recuperado en beneficio de 356 profesionais do sector.
O voceiro do Goberno provincial explicou que as axudas, convocadas en concorrencia competitiva, esixiron acreditar a agricultura ou a gandeiría como actividade principal. Ademais, os beneficiarios deben ter alomenos 1 hectárea baldía en propiedade, aluguer, cedida ou en doazón. A axuda implica o compromiso de ter en produción os terreos un mínimo de 5 anos para actividades agropecuarias. •

REPARTO DAS AXUDAS POR COMARCAS

A MONTAÑA: Superficie: 184 hectáreas. Axudas: 92.300 € (en 42 axudas)

TERRA CHÁ: Superficie: 171 hectáreas. Axudas: 85.600 € (en 39 axudas)

LUGO: Superficie: 97 hectáreas. Axudas: 48.200 € (en 23 axudas)

SARRIA: Superficie: 45,6 hectáreas. Axudas: 22.800 € (en 14 axudas)

A MARIÑA: Superficie: 31 hectáreas. Axudas: 15.900 € (en 7 axudas)

A ULLOA: Superficie: 26,1 hectáreas. Axudas: 13.100 € (en 4 axudas)

 LEMOS E CHANTADA: Superficie: 24,5 hectáreas. Axudas: 12.300 € (en 6 axudas)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sanidade amplía ata o 25 de xaneiro a campaña de vacinación contra a gripe

Seguinte Nova

Expertos prevén que aumente a demanda de madeira de piñeiro galego

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: