O belén artesanal de Montero mergúllanos na maxia dos pequenos detalles

O Belén particular elaborado por Montero afonda nos detalles da vida cotiá. (Fotos: MONTERO)

Chega o Nadal, e nos fogares apúranse os preparativos. Cada un escolle a súa visión destas festas para aportar o seu toque persoal. Pero hai fogares que se converten, por uns días, en pequenos museos. O fotógrafo Montero vén de recrear no seu domicilio un espectacular belén con preto dun cento de figuras e todo un entorno arquitectónico, obra deste monfortino que adicou dous días enteiros a esta obra.
Montero aplicou a súa arte cos pinceis para decorar boa parte das figuras, ademais de ser responsable do deseño e montaxe das edificacións. O resultado é un animado belén cheo de vitalidade e emocións. •

As edificacións deste nacemento foron construídas por Montero para a ocasión. (Foto: MONTERO)
As pezas do belén particular de Montero transmiten movemento e enerxía ao conxunto. (Foto: MONTERO)
Montero prestou atención aos detalles máis miúdos na elaboración do belén instalado no seu domicilio. (Foto: MONTERO)
As esceas domésticas teñen gran relevancia neste belén, no que Montero empregou dous días. (Foto: MONTERO)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Celebrado en Monforte o I Congreso de AJE Terra de Lemos

Seguinte Nova

A droguería Andy de Monforte deu un premio de 400.000 euros do Gordo de Nadal

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: