Crónica del sur de Lugo

Preto de 5 millóns do Fondo de Cooperación Local para todo o sur lucense

Balseiro fixo balance das achegas do Fondo de Cooperación Local na provincia de Lugo o 11 de decembro. GPDTL

Este ano, a Xunta fixo chegar aos concellos do sur de Lugo preto de 5 millóns de euros, procedentes do Fondo de Cooperación Local. Por comarcas, Terra de Lemos recibiu 1.855.474 euros e Sarria un total de 1.587.006. Á comarca de Chantada achegáronse 842.000 euros, mentres que a comarca de Quiroga sumou 668.792 euros deste Fondo. Os municipios teñen potestade para destinar estes cartos a obras e servizos que consideren prioritarios.

OBRAS E SERVIZOS
Os importes do Fondo de Cooperación Local aboáronse en 12 mensualidades a mes vencido, polo que antes de que remate decembro, os concellos xa terán cobrado o 92% da aportación anual.
O reparto do Fondo de Cooperación Local realízase con criterios obxectivos, pactados pola Xunta coa FEGAMP. Dentro dos factores, destaca a poboación, tanto en número de habitantes como na porcentaxe de maiores de 65 anos. Tamén se ten en conta a superficie e a densidade.
UN 2,5% MÁIS EN 2019
Dende a Xunta adiantaron que o Fondo de Cooperación Local aumentará un 2,5% o vindeiro ano, o que suporá 485.000 euros máis para repartir entre os concellos da provincia de Lugo.•

DESGLOSE POR CONCELLOS

COMARCA DE CHANTADA:
Carballedo: 215.684,21€ Chantada: 387.250,96€ Taboada: 239.065,84€

COMARCA DE LEMOS:
Bóveda: 183.289,15€
Monforte: 732.751,83€
Pantón: 239.195,97€
Pobra: 209.593,71€
Saviñao: 285.813,83€
Sober: 204.829,78€

COMARCA DE QUIROGA:
Folgoso: 199.536,12€
Quiroga: 328.323,56€
Ribas de Sil: 140.932,35€

COMARCA DE SARRIA:
O INCIO: 206.000,82€
LÁNCARA:197.633,20€
PARADELA: 172.123,56€
PÁRAMO: 152.628,79€
SAMOS: 189.322,78€
SARRIA: 536.501,71€
TRIACASTELA: 132.795,78€

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
Ir a Inicio