Crónica del sur de Lugo

Monforte presidirá a Comisión de Turismo da Rede de Xuderías de España

A 50ª Asamblea Xeral da Rede de Xuderías de España celebrouse en Extremadura, o 15 de decembro. Monforte de Lemos estivo representado polo alcalde, José Tomé, e a tenente de alcalde, Gloria Prada. GPCM

Monforte de Lemos vén de entrar na directiva da Rede de Xuderías de España, e será responsable da Comisión de Turismo. A composición do equipo directivo decidiuse na 50ª Asamblea Xeral deste organismo, celebrada na localidade extremeña de Hervás o 15 de decembro.
O Concello anfitrión da Asamblea ostentará a presidencia da Rede, asistido por tres vicepresidencias, que corresponderon aos municipios de León, Estella-Lizarra e Lucena. A mesa da presidencia complétase con tres vogais, sendo o primeiro o Concello de Monforte, mentres que Plasencia e Segovia ocuparán, respectivamente, o segundo e terceiro cargo desta función.

ÁREAS DE TRABALLO
En canto ás Comisións de Traballo, a Asamblea acordou encargar ao Concello de Monforte de Lemos a Comisión de Turismo. Pola súa banda, Plasencia atenderá a de Educación, e Segovia a de Comunicación. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio