Crónica del sur de Lugo

Éxito das Visitas Outonizas da Pobra do Brollón como modelo de dinamización comunitaria

As Andainas Outonizas tiveron aos propios veciños como guías, para amosar aos visitantes os recunchos máis significativos da Pobra do Brollón. GPCP

A Pobra do Brollón estase a converter nun referente en canto á dinamización sociocultural. A iniciativa das Visitas Outonizas, nas que os propios veciños fan de guías dos visitantes polos recursos turísticos e culturais, foi todo un éxito. “O balance é positivísimo”, explicou o alcalde, Xosé Lois Maceda, sinalando que o valor deste programa de andainas comentadas é “crear comunidade de xente que aposta polo desenvolvemento da cultura e do turismo”. A particularidade está en que a idea “xurdiu de abaixo arriba, contando con Concello para desenvolvelos”. O segredo, segundo Maceda, está en que “a xente se implica, por iso funcionan”. De feito, as sete Visitas Outonizas rexistraron unha media de 50 persoas por día.
A cultura e o turismo contaron con máis accións neste últimos meses. O Ciclo de Cinema Galego congregou a preto de medio cento de persoas en cada proxección. Nos Cantos de Taberna, participaron 15 formacións, boa parte delas chegadas de Lugo, Coruña, Ourense, Sarria ou Trives.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
Ir a Inicio