Crónica del sur de Lugo

A Casa da Xuventude entregou os premios do Outono Fotográfico 2018

De esquerda a dereita, Pili Chaos, Ángel Luis Utrera e Tamara Lebón, cos premios acadados no Outono Fotográfico 2018, o 19 de decembro. CXC

Rematou na Casa da Xuventude un novo ciclo do Outono Fotográfico, que contou con exposicións, talleres de imaxe e concurso. Máis dunha docena de persoas enviaron as súas creacións á convocatoria dun certame que está a medrar en participación e calidade.
Este ano, o primeiro premio do concurso Outono Fotográfico foi para Pili Chaos, pola súa obra “O coidador de vacas”. Chaos tamén acadou o terceiro premio, coa foto titulada “A derradeira tenda”. O segundo galardón correspondeu a Ángel Luis Utrera, pola fotografía presentada baixo o título de “Nai”.
O premio especial do Outono Fotográfico, que recoñeceu á mellor imaxe sobre aldeas tradicionais, foi para Tamara Lebón, polo seu traballo “Morriña, agardando unha próxima saída”.
A exposición dos participantes no concurso Outono Fotográfico contou tamén coas fotografías de Felipe Castro, José Camilo López, Susana Arias, Bruno Taboada, Ismael Ferradás, Pilar Seijas, Ulises Jiménez, Pablo Lomba, Patricia Vior e Sheila Vázquez•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

     
Ir a Inicio