Campionato galego de Pitch and Putt en Monforte

Gañadores do Campionato Absoluto de Galicia de Pitch and Putt disputado en Monforte. Ag. Río Cabe

As actividades na Agrupación Deportiva Río Cabe non deixan de sucederse. Unha das últimas tivo lugar os pasados 4 e 5 de xuño nas instalacións de golf da Agrupación Río Cabe, en Monforte, coa celebración do Campionato Absoluto de Galicia de Pitch and Putt. Neste senso, resultaron gañadores en primeira, segunda e terceira categoría, Juan Carlos Iglesias Surribas, Eduardo Varela Puga, e José Eustaquio Freire García (Yusty), respectivamente. Pola súa parte, na categoría feminina resultou gañadora María Eugenia Martínez Oriola; mentres que en xuvenil, o gañador foi Julián Otero Daviña. Asimesmo, como todos os anos a final de tempada celébrase unha cea anual, que nesta ocasión terá lugar o vindeiro 18 de xuño.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Unha viaxe no tempo desde Sarria pola historia das catro rodas

Seguinte Nova

Fútbol sala en Monforte: Máis de trinta anos xogando unha liga de “tempo libre”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: