Preto de 160.000 euros provinciais para a rede de abastecemento rural en Sober

Álvaro Santos supervisou os traballos en marcha no abastecemento en parroquias de Sober. GPDL

A Deputación está a executar diversas obras de mellora na rede de abastecemento de auga no rural de Sober. O voceiro do Goberno provincial, Álvaro Santos, achegouse ata o municipio o 17 de decembro para supervisar a marcha dos traballos, que contan cun investimento de case 160.000 euros, financiados pola Deputación.

OBRAS EN MARCHA
En concreto, as actuacións beneficiarán aos preto de 150 veciños das parroquias soberinas de Figueiroá e Rosende. Nesta última parroquia, estase a prolongar un treito de 2 quilómetros da rede municipal de abastecemento de auga, ata o Campo de San Miguel.
Os traballos continuarán na parroquia de Figueiroá, para mellorar o servizo dos núcleos de O Taro, Vilabalde, Prados, Xanimol e Veleigaz.

MENOS AVARÍAS E REDE MÁIS EFICIENTE
Álvaro Santos destacou a importancia dos traballos que está a realizar a Deputación na rede municipal desta zona, porque a actual “era totalmente deficitaria”. O voceiro provincial salientou tamén que, con estas melloras, “modernizamos dotacións públicas municipais co fin de evitar avarías, e lograr que sexan máis eficientes”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación aprobou 75.000 euros para axudas individuais a 150 deportistas

Seguinte Nova

Ocio, cultura e shopping para gozar do Nadal no sur de Lugo

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: