Un total de 150 deportistas de toda a provincia reciben unha achega individual, que oscila entre os 300 e os 1.500 euros, que a Deputación de Lugo concede en recoñecemento ao seu esforzo competitivo. Así o explicou o deputado de Deportes, Pablo Rivera, logo da Xunta de Goberno celebrada o 7 de decembro. Rivera enxalzou aos deportistas lucenses «como os mellores embaixadores que podemos ter, xa que levades o nome de Lugo e da nosa provincia por todo o territorio nacional e estranxeiro».
Do total das axudas, que ascende a 75.000 euros, o 37% corresponderon a atletas, e o 17,7% foi para o triatlón e péntatlon moderno. Pola súa banda, o tiro olímpico concentrou o 8,9% destas achegas individuais, e o piragüismo levou o 7,8%. Así mesmo, ao taekwondo foi parar o 5,8% do total da partida, e o 5,7% á natación. A loita e o kárate contaron cun porcentaxe similar, do 4,4% nas dúas disciplinas. Por último, o squash tivo o 1,6%, a orientación o 1,06%, o judo o 0,6%, a mesma cantidade que o kickboxing. O xadrez e o golf captaron o 0,4% do importe total destinado ás axudas individuais a deportistas. Pola súa banda, a Deputación entregou dúas achegas a deportistas da Federación de persoas cegas, o que supuxo o 2,4% do importe total.
Nesta convocatoria de subvencións por concorrencia competitiva tivéronse en conta, por vez primeira, os resultados logrados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais. O 55% das axudas foron para homes, e o 45% para mulleres. •
Últimas noticias sobre DEPORTES
O Gran Camiño, unha competición ciclista de prestixio, terá a súa segunda etapa en Chantada o
A saltadora monfortina Saleta Fernández volvía á competición internacional, desprazándose á capital de Casaquistán, para participar
A iniciativa da Xunta vai dirixida a participantes que teñan licenza federada ou formen parte do