Preto do 38% dos escolares galegos teñen sobrepeso

•Este foi un dos datos recollidos pola plataforma DAFIS sobre a condición física e a saúde neste grupo poboacional

A presentación dos datos da plataforma DAFIS tivo lugar en Santiago o 13 de decembro.GPXG

A mediados de decembro, presentáronse os primeiros datos que a plataforma DAFIS recolleu sobre a condición física relacionada coa saúde dos escolares galegos.
Os datos, tomados en máis de 109 centros públicos de Galicia ao longo dos últimos 5 anos, apuntan a que preto do 38% dos escolares galegos están en nivel de sobrepeso ou obesidade. Segundo o director da cátedra SXD Galicia Activa, Eliseo Iglesias, encargado de divulgar os datos da plataforma, estes resultados coinciden cos resultados epidemiolóxicos publicados por outros organismos.
Ademais, a plataforma DAFIS estima que preto do 60% dos escolares amosaron uns niveis de condición física moderado, alto ou moi alto.
A plataforma DAFIS permite avaliar a condición física saudable no desenvolvemento da materia de Educación Física. Esta ferramenta, de utilidade pedagóxica, segundo os seus responsables, rexistra os datos nos centros adscritos ao Plan Proxecta da Consellería de Educación. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Deporte solidario no CB Sarria polo Nadal

Seguinte Nova

A Deputación aprobou 75.000 euros para axudas individuais a 150 deportistas

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: