Crónica del sur de Lugo

Deporte solidario no CB Sarria polo Nadal

•O club desenvolve a xa tradicional campaña de recollida de xoguetes, libros e material de ocio a beneficio de Cáritas Sarria

Imaxe de varios dos contedores da campaña de Nadal que o CB Sarria ten instalados no Pavillón do Novo Chanto. (Foto: CB Sarria)

Coherentes co seu compromiso de que “o baloncesto debe cumprir tamén un rol social”, o CB Sarria está a levar a cabo unha nova edición da campaña solidaria de Nadal, a beneficio da ONG Cáritas Interparroquial Sarria. O obxectivo é dar unha segunda vida a materiais de ocio, como xogueste, libros, contos, bandas deseñadas ou música, para destinar aos rapaces e rapazas das familias máis necesitadas da contorna.

ATA XANEIRO OU MÁIS ADIANTE
A campaña, que arrancou o 10 de decembro, estará en marcha ata o mes de xaneiro, coa posibilidade de ampliala se é preciso. Os obxectos poden depositarse nos contedores que o club ten instalados no interior do Pavillón Novo Chanto. O recinto está aberto todos os días laborables a partir das 16 horas, e nas fins de semana coincidindo coa celebración dos partidos da xornada.

PROXECTO SOLIDARIO DE TODA A COMUNIDADE
Aínda que a campaña vai dirixida a todos os membros do CB Sarria, dende familias e xogadores, ata o corpo técnico, directivos e colaboradores, o club fixo un chamamento á veciñanza para aportar o seu gran de area a este proxecto comunitario. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

     
Ir a Inicio