Programación de Nadal en Sober

A música ocupa un papel destacado nas actividades de Nadal no municipio de Sober. (www.pixabay.es)

O programa de eventos para gozar do Nadal en Sober comezou xa a mediados deste mes, con actividades para todos os públicos. Co inicio das vacacións escolares, dan comezo máis opcións de lecer ata xaneiro.

MÚSICA E SOLIDARIDADE
Logo da celebración do Festival Escolar cos escolares do PAI de Sober no CEIP Virxe do Carme, o venres 21 pola tarde será a quenda do Festival Solidario de Nadal, a cargo da Escola Municipal de Música. A música seguirá o día 22, cun concerto de saxofón e piano organizado polas Xuventudes Musicais, no Centro Sociocultural ás 18,30 horas. Ao día seguinte e neste mesmo espazo, terá lugar ás 19,00 horas o concerto Lucus Ensemble de vento e corda, patrocinado pola Deputación de Lugo.

PROGRAMA INFANTIL
Para os máis cativos, o Concello organiza dúas Festas Infantís de Nadal os días 27 e 28, no pavillón do colexio, para desfrutar de música, inchables e obradoiros a partir das 16,30 horas.
Na programación das Merendas con Contos tamén estará presente o Nadal. A mediados de decembro, celebrouse unha exposición con obradoiro da ilustradora Estefanía Padullés. O cine de Nadal chegará os días 21 e 26, a partir das 16,30. Por último, o 2 de xaneiro entregaranse os premios dos certames de Nadal, nun acto con paxoliñas do grupo O Trícole dende as 17,30.
A programación de Nadal culminará coa visita dos Reis Magos, que traerán agasallos ao Centro Sociocultural ás 12,00 horas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 13 de febreiro de 2019 para solicitar as axudas ARI de rehabilitación de vivendas en Sober

Seguinte Nova

Música sen trabas nos festexos de Sober

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: