Ata o 13 de febreiro de 2019 para solicitar as axudas ARI de rehabilitación de vivendas en Sober

Sober é o único concello de Galicia no que o plan ARI abrangue toda a superficie do término municipal, incluíndo a capitalidade e as parroquias. GPCS

O Concello de Sober ten aberto ata o 13 de febreiro de 2019 o prazo para solicitar as subvención do plan ARI de rehabilitación de vivendas.

REQUISITOS
As vivendas que se vaian rehabilitar deberán ter unha antigüidade superior aos 10 anos. Os solicitantes terán que demostrar a propiedade do inmoble, e o compromiso de destinala a vivenda habitual ou aluguer. As axudas outorgan un máximo de 12.000 euros por beneficiario. En porcentaxes, será de ata o 40% do importe subvencionable, ou de ata o 65% do importe total se o solicitante é menor de 35 anos. Se o beneficiario ten ingresos inferiores a tres veces o IPREM, o importe da achega pode cubrir ata o 75% dos custes.
COMO PEDIR AS AXUDAS DO ARI
O Concello de Sober dispón 188.250 euros para esta cuarta fase do plan ARI. As solicitudes presentaranse na Oficina de Rehabilitación de Sober, situada na Casa do Concello, de luns a venres de 9,00 a 14,00 horas.
A documentación esixida inclúe unha fotocopia do DNI, unha certificación de estar ao día nos pagos coa Seguridade Social, declaración da renda da unidade familiar, título de propiedade do inmoble, e acreditación da antigüidade da casa. Ademais, hai que presentar o certificado de empadroamento do solicitante, o compromiso escrito de adicar o edificio a vivenda habitual ou permanente por alomenos 5 anos dende a concesión da axuda, e o orzamento das obras asinado pola empresa construtora.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Convenio entre o Concello de Quiroga e o Bispado de Lugo para o arranxo de igrexas

Seguinte Nova

Programación de Nadal en Sober

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: