Crónica del sur de Lugo

Convenio entre o Concello de Quiroga e o Bispado de Lugo para o arranxo de igrexas

O bispo de Lugo, Alfonso Carrasco, asinou no Libro de Honra do Concello de Quiroga, en presenza do alcalde, Julio Álvarez, o mesmo día da sinatura do convenio. EC

A recuperación do patrimonio relixioso de tres parroquias quiroguesas foi o obxecto do convenio asinado polo Concello e o Bispado de Lugo. A sinatura do acordo tivo lugar na capitalidade municipal o 4 de decembro, coa presenza do bispo da Diócese de Lugo, Alfonso Carrasco, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez.

TRES IGREXAS
O convenio, por un importe total de 50.470 euros, permitirá o arranxo das igrexas de San Antón de Vilanuíde, Santa Eulalia de Bendollo e Santiago de Augasmestas. Deste importe, o Consistorio quirogués achegará 21.000 euros.
O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, salientou a importancia desta iniciativa, para a conservación destas “xoias arquitectónicas”, que ademais funcionan como “puntos de reunión” da comunidade, e son “testemuña da celebración dos momentos máis trascendentes das nosas vidas”.
Pola súa banda, o bispo da Diócese de Lugo, Alfonso Carrasco, destacou a colaboración municipal como “unha suma de intelixencia, cordialidade e desexo de camiñar xuntos”. Carrasco salientou que as igrexas “son expresión da cultura das parroquias”, ao tempo que “un tesouro prezado para todo o municipio”. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio