Crónica del sur de Lugo

Asinado o protocolo do Plan Invernal da rede de estradas do Estado na provincia de Lugo

40 quitaneves forman parte deste operativo

Imaxe de arquivo da subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o seu homólogo na provincia de León, Faustino Sánchez. Ambos asinaron o día 13 o protocolo do Plan Invernal que abrangue a provincia de Lugo e a vertente leonesa do porto de Pedrafita. (Foto: GPSGL).

A subdelegación do Goberno na provincia deu a coñecer, o 13 de decembro, as características do Plan de Viabilidade Invernal. Este dispositivo vixiará a situación dos 825 quilómetros de estradas de titularidade estatal na provincia de Lugo, para garantir o tráfico e a seguridade en caso de nevaradas, e resolver as incidencias que se produzan.
En concreto, e segundo explicou a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, o equipamento do Plan de Viabilidade Invernal para a provincia conta con 40 máquinas quitaneves, 9.300 toneladas de sal e 2.515.000 litros de salmoira. No plan lucense está incluída a vertente leonesa do porto de Pedrafita. O Plan cubre un total de 15 estradas, entre as que se atopan a Autovía do Noroeste (A-6), a estrada N-540 entre Lugo e Ourense e a antiga variante N-540a. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio