Axenda do Nadal en Quiroga

Cultura, música, deportes e solidaridade teñen espazo no programa de Nadal do Concello de Quiroga. (Foto: www.pixabay.es)

• OPERACIÓN QUILO SOLIDARIO NO CENTRO SOCIAL DE QUIROGA. Durante todo o mes de decembro, está en marcha a Operación Quilo Solidario, na que poden participar todos os veciños e veciñas. A aportación é de 1 quilo de alimentos non perecedoiros, que se depositarán no Centro Social de Quiroga. Tamén se recolle roupa en bo estado. • CANTOS DE TABERNA. Ata o 24 de decembro está aberto o prazo para inscribirse na cuarta edición dos Cantos de Taberna, que se celebra o día 28 a partir das 18 horas. Dende a organización indican que as persoas que veñan de fóra de Quiroga, poden pernoctar no Albergue Municipal por un prezo de 5 euros. • ARTE E TEATRO. Dende o 21 de decembro pode verse na Casa da Cultura a exposición colectiva dos traballos do alumnado de pintura de Quiroga-San Clodio. O sábado 22 de decembro haberá teatro no Auditorio Municipal, a cargo de Fran Rei, que levará á escea o seu espectáculo cómico titulado “Concerto Magnífico”. O evento, destinado ao público familiar, forma parte do programa Proscenio, que organiza a Deputación de Lugo. • MÚSICA. A igrexa de San Martiño acolle, o domingo 23, unha actuación da Coral Polifónica de Quiroga. O día 29, terá lugar no Auditorio Municipal un concerto a cargo do grupo Son do Sil. • PARA OS CATIVOS. A Ludoteca Municipal organiza actividades para os máis pequenos, os días 27 e 28 de decembro. Ademais, o día 29 pola tarde, terá lugar o Obradoiro Mini Chef de cociña de doces de Nada. A actividade, pensada para nenos e nenas de 7 a 12 anos, desenvolverase no Albergue Municipal de Quiroga, de 16,00 a 19,00 horas. As inscricións realizaranse na Casa da Cultura, ou a través do teléfono 982 435 125, ata o 27 de decembro. En xaneiro, o día 2 será a Festa Infantil de Nadal, con inchables de balde no pavillón municipal, de 16 a 20 horas. O 5 de xaneiro celebrarase a tradicional Cabalgata de Reis. • DEPORTES NO NADAL. En todas as tempadas de festa ou vacacións, Quiroga inclúe na súa proposta lúdica o deporte. Do 26 ao 30 de decembro, o Concello organiza o Torneo de Nadal de fútbol sala, nas modalidades masculina e feminina. Ademais, o 31 de decembro desenvolverase a V Carreira-Andaina Solidaria San Silvestre. • CAMPIONATOS DE FUTBOLÍN. Os pubs Yoya, Ruxe-Ruxe, Bunny e Tic-Tac serán as catro sedes desta actividade, os días 21, 22 e 29 de decembro, e o 5 de xaneiro. Os premios serán unha cea para dous, un vale por 20 euros, e unha cesta de Nadal. As competicións empezarán entre as doce e a unha da noite. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O proxecto para ampliar o Museo Xeolóxico recibe o visto bo dos expertos

Seguinte Nova

Asinado o protocolo do Plan Invernal da rede de estradas do Estado na provincia de Lugo

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: