Un Nadal cheo de actividades en Pantón

O Nadal é tempo de celebracións festivas e culturais. (Foto: www.pixabay.es)

O Concello de Pantón organiza unha ampla axenda de actividades para as festas de Nadal.

CAMPAMENTO INFANTIL
Os máis cativos poderán gozar co Campamento de Nadal e Reis, que terá lugar os días 26, 27 e 28 de decembro, e 2, 3 e 4 de xaneiro. O venres 28, os cativos participarán nun obradoiro de cociña navideña, xunto aos usuarios do Centro de Día de Pantón.

TEATRO
Así mesmo, haberá diversas actividades para todos os públicos. O xoves 27 de decembro, ás 11 horas, a compañía Lila Teatro representará a obra “Cachopo Máxico”, no salón de actos do Edificio Sociocultural. O evento, organizado polo Concello en colaboración coa Deputación de Lugo a través do programa Proscenio, é de acceso libre ata completar aforo.


CONCERTO SOLIDARIO DA BANDA DE FOLK DE RIBAS DE SIL
O venres 28 de decembro, a partir das 20,00 horas, celebrarase unha nova edición dos Concertos Solidarios da Banda de Folk de Ribas de Sil. A actuación será no salón de actos do Edificio Sociocultural de Pantón. A aportación mínima para acceder ao concerto é de un kilo de alimentos non perecedeiros.

CONTACONTOS E FESTIVAL DE REIS
En xaneiro, o programa de Nadal inclúe un contacontos no Centro de Día do municipio, a cargo de Iago López, o día 4 ás 12 horas. A entrada é libre.
Unha das citas máis esperadas polos cativos é o Festival de Reis. O 5 de xaneiro, a partir das 18 horas, o salón do Edificio Sociocultural encherase de xogos e obradoiros de tatuaxes e maquillaxes, para dar a benvida aos Reis Magos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O colexio dos Escolapios, en vías de ser Ben de Interese Cultural de Galicia

Seguinte Nova

Ata o 21 de decembro pode verse en Pantón a mostra de Mar López Sotelo sobre esgrafiados na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: