O blues e o country de Red House animaron de novo o Círculo Saviñao

A actuación da banda Red House tivo lugar no Círculo Saviñao de Escairón o primeiro de decembro. (F.cedida)
O público non se resistiu a bailar, contaxiado polo swing que transmitiu a banda Red House no seu concerto en Escairón. (F.cedida)

O Círculo Saviñao estreou o mes de decembro cun vibrante evento musical. A banda Red House, integrada polo estadounidense Jeff Espinoza e o madrileño Francisco Simón, levantaron ao público das súas cadeiras para aplaudir e, incluso, bailar, cos seus impactantes ritmos de blues e country. Este grupo, considerado unha das mellores bandas de blues de Europa, leva xa sete discos publicados. O primeiro deles, «Red House», conta con 12 temas orixinais que renden tributo ás rúas raigames no blues. O enorme éxito deste disco inicial propiciou o lanzamento doutra media ducia, o último dos cales, baixo o nome de «Red House & Friends», conta coa participación dunha chea de músicos e intérpretes cos que coincidiron nestes anos de viaxe musical. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Consellería destinou este ano 7,8 millóns á limpeza e mantementos de montes na provincia

Seguinte Nova

Completadas as melloras na escola infantil municipal de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: