A Consellería destinou este ano 7,8 millóns á limpeza e mantementos de montes na provincia

O delegado da Xunta en Lugo visitou este mes varios montes de dúas mancomunidades no concello de Navia de Suarna. GPDTL

O mantemento e a posta en valor do monte lucense supuxo este ano un investimento da Xunta por valor de 7,8 millóns de euros. Deste importe, o 63% corresponde a subvencións a titulares de superficies forestais, e o resto custeou obras propias da Consellería do Medio Rural.

LIMPEZA E DESBROCE, E ARRANXO DE PISTAS, ENTRE OUTRAS ACCIÓNS
O delegado territorial en Lugo, José Manuel Balseiro, fixo este balance na súa visita ás comunidades de montes en man común do concello de Navia de Suarna, a mediados de decembro. Balseiro apuntou que a Consellería do Medio Rural leva aprobados 302 expedientes de subvención para titulares de montes, e executou directamente un total de 59 obras. Entre estas actuacións, figuran desbroces, limpeza e poda da masa forestal, e tamén tarefas de acondicionamento en pistas, puntos de auga ou cortalumes.

800.000 EUROS NAS PRIMEIRAS AXUDAS PARA ORDENACIÓN DO MONTE
Así mesmo, a Consellería do Medio Rural deu luz verde na provincia a 40 achegas da primeira convocatoria de subvencións para a elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais. En cifras, Balseiro precisou que a partida global nestas axudas ascendeu a 800.000 euros, co fin de ordear unha superficie de 26.000 hectáreas de monte. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*