Raquel Arias defende unha votación “flexible e con garantías” para os residentes no estranxeiro

• O Parlamento galego aprobou, co voto en contra do BNG, a proposición presentada polo PP para eliminar o voto rogado

Intervención da deputada do Partido Popular, Raquel Arias, no Parlamento de Galicia. (Foto: GP-PP)

O voto dos residentes no exterior centrou unha das recentes decisións do Parlamento de Galicia.

SOLICITUDE PARA A MODIFICACIÓN DA LEI ELECTORAL XERAL
A comezos deste mes, a Cámara galega aprobaba, co único voto en contra do Bloque Nacionalista Galego, a proposición non de lei que presentara o Partido Popular, para suprimir o voto rogado para os electores no estranxeiro. Con esta medida, o Parlamento galego solicita ao Goberno do Estado, e tamén aos grupos con representación no Congreso dos Deputados, que teñan en conta esta situación dentro dos traballos da Subcomisión para a reforma electoral. O que se solicita é, segundo explicaron dende o grupo parlamentario do PP no Hórreo, a modificación da Lei de Réxime Electoral Xeral, para suprimir o voto rogado e combinar “todas as posibilidades” de participación electoral que sexan posibles.

SISTEMA “MÁIS FLEXIBLE E SEN BARREIRAS”
Neste sentido, a deputada do PP e secretaria do Parlamento de Galicia, Raquel Arias, declarou que o sistema que vai substituír á fórmula do voto rogado “ten que ser o máis semellante posible ao dos residentes no Estado en canto a garantías, dereitos e facilidades”. Arias lembrou que “estamos a falar dun dereito constitucional de todos os españois e galegos, a elixir aos seus representantes, independientemente de onde vivan”. A deputada insistiu na necesidade “dunha votación con garantías”, pero “compatible coa axilidade e a eliminación de barreiras para os electores”.

VOTO ROGADO
O sistema do voto rogado, deseñado para evitar fraudes, esixe ao elector solicitar o voto a través do Consulado, enviando un formulario á Xunta electoral, e agardar polo certificado do censo e as papeletas, para logo mandar o voto por correo ou depositalo na urna do Consulado. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*