Máis colaboración da Xunta coas sociedades gastronómicas e enófilas lucenses

Balseiro participou con representantes de colectivos gastronómicos de Galicia e Asturias nunha visita ao Centro do Viño da Ribeira Sacra, o 30 de novembro. GPDTL

Esta foi a conclusión da reunión mantida en Monforte a finais de novembro entre o delegado da Xunta en Lugo e o presidente da Confraría de Amigos do Viño da Ribeira Sacra, Manuel Rajo. Dende a Xunta van estudar «novas liñas de colaboración» con estes colectivos, dos que José Manuel Balseiro salientou «a súa contribución á conservación da cultura e a tradición gastronómica». O delegado da Xunta na provincia puxo en valor tamén «o enorme potencial confraternizador da gastronomía», eido que cualificou como «un dos máis importantes recursos turísticos de Galicia».
Dende a Xunta puxeron a disposición da Confraría da Ribeira Sacra o asesoramento que precise por parte dos técnicos de Turismo de Galicia e da Consellería do Medio Rural.
Logo da xuntanza, Balseiro e Rajo realizaron unha visita ao Centro do Viño da Ribeira Sacra, na que tamén participaron Carlos Cuadrado, directivo da Federación de Confrarías Gastronómicas, e Ana Cobas, representante de Gastrónomos del Yumay, de Avilés. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación de Lugo colabora coa Real Academia Galega de Belas Artes cun convenio de 9.000 euros

Seguinte Nova

O Túnel dos Viños achegou ao público os caldos premiados na V Cata Patrimonio

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: