Crónica del sur de Lugo

A Casa da Cultura de Chantada amosa a obra de talla en madeira do ourensán Domingo Ribao Docampo

A exposición “Máis alá do raizame”, de Domingo Ribao Docampo, está aberta na Casa da Cultura de Chantada de luns a venres de 10 a 14 horas, e de 16 a 20 horas. Ademais, pode verse os sábados pola mañá, de 11 a 14 horas. EC

Ata o 28 de decembro pode verse no espazo cultural da Praza do Cantón a exposición “Máis alá do raizame”, do artesán da madeira Domingo Ribao Docampo.

ESCULTURAS A PARTIR DE TRONCOS E RAÍCES RECOLLIDOS EN ENCOROS E NOS LEITOS DOS RÍOS
A obra deste artesán, nado na localidade ourensá de Cambeo, está inspirada no entorno. Partindo de materiais da natureza, Domingo Ribao aplica o saber acumulado durante máis de 20 anos traballando a madeira, técnica aprendida na súa xuventude, cando empezou a traballar no taller de ebanistería do seu pai.
Domingo Ribao descubriu as posibilidades que ofrecen os troncos e as raíces para a escultura, ao visitar unha das feira de artesanía de O Carballiño, a finais de 1997. As pezas amosadas en Chantada están elaboradas a partir deste tipo de materiais, logrando creacións de gran sensibilidade e impacto.

VERSIÓN DUNHA PEZA DE LEONARDO DA VINCI
Na traxectoria artística de Domingo Ribao destaca a recreación da “Última Cea” de Leonardo da Vinci. Feita nunha placa compacta de castaño de 108 x 64 x 7 centímetros, a peza implicou un total de 600 horas de traballo entre os anos 2014 e 2015. No remate da obra, Domingo Ribao empregou 40 tons diferentes de colorantes para madeira, cunha cobertura final de cera mesturada con betún de Xudea diluído. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

     
Ir a Inicio