Primeiro Open de golf Ribeira Sacra

Presentación do I Open de Golf Ribeira Sacra. EC.

Do 8 ao 11 de xuño celebrouse no campo de golf Augas Santas de Pantón, o I Open de Golf Ribeira Sacra. Un evento deportivo que perseguía o obxectivo de potenciar o turismo na Ribeira Sacra. Así o indicaron os organizadores durante a presentación, que contou co xornalista deportivo Manuel Elvira como padriño de excepción. O I Open Ribeira Sacra disputouse en catro torneos: Adegas Ribeira Sacra, Adolfo Domínguez, Castellana Golf e Oca Augas Santas, con numerosos participantes. Desenvolvéronse actividades paralelas coa intención de dar a coñecer o potencial turístico que ofrece a Ribeira Sacra, con visitas a adegas da zona, monasterios e monumentos, e mesmo viaxes en catamarán. Os premios consistiron en estancias en hoteis e balnearios da zona e Portugal.

Organización e patrocinio

O acto estivo organizado polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, co patrocinio do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, a colaboración de Oca Hoteles, e a Asociación Golf para Todos, como co-organizador do evento.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novo libro e documental sobre Lois Pereiro

Seguinte Nova

Unha viaxe no tempo desde Sarria pola historia das catro rodas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: