Crónica del sur de Lugo

O eido agroalimentario, unha proposta de pulo para o turismo lucense

• Máis dunha ducia de expertos da provincia participarán en Lugo nunha xornada sobre turismo agroalimentario e desenvolvemento local

O deputado de Turismo, Eduardo Vidal, na presentación da xornada sobre turismo agroalimentario, que terá lugar os días 18 e 19 de decembro na capital provincial. GPDL

Os días 18 e 19 de decembro, o Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, reunirá a 15 expertos de toda a provincia nunha xornada na que se debaterá sobre o turismo agroalimentario e o desenvolvemento local.

VISITA Á RUTA DA FABA DE LOURENZÁ
Os participantes, vinculados con proxectos turísticos na provincia, reflexionarán sobre as novas oportunidades que ofrece o agroturismo, ou as claves para crear produtos de enoturismo. Ademais das sesións teóricas, que terán lugar o martes 18, os asistentes á xornada, de inscrición gratuíta, participarán o mércores día 19 nunha visita á Ruta da Faba de Lourenzá.

AXENTES IMPLICADOS NO TURISMO AGROALIMENTARIO
Segundo o deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, a xornada está integrada nas accións do Plan Estratéxico de Turismo que desenvolve o organismo provincial. Vidal Baamonde destacou a presenza nesta xornada de representantes de todos os axentes implicados no turismo agroalimentario da provincia. Así, no foro lucense tomarán parte guías, produtores, hostaleiros, expertos en comunicación, gandeiros ou axentes turísticos.

CASOS DE ÉXITO
O deputado de Turismo salientou que a xornada contará coa análise de casos de éxito como Caurelor, Champivil, Embutidos Suarna, Milhulloa ou a CRDO Queixo do Cebreiro. Así mesmo, o director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, reflexionará sobre as claves para a creación de produtos de enoturismo. Tamén Sandra Touza, CEO da plataforma “I’m a Local” e de “Ponle cara al turismo”, analizará as novas oportunidades turísticas como alternativa ao desenvolvemento rural. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
Ir a Inicio