Crónica del sur de Lugo

A Xunta licita arranxos en espazos do Mosteiro de Ferreira por máis de 523.000 euros

O Mosteiro de Santa María de Ferreira contará cunha zona rehabilitada para hospedería e divulgación da Ribeira Sacra. Arquivo EC

A Xunta habilitará para hospedería e divulgación da Ribeira Sacra unha parte, agora sen uso, do Mosteiro de Santa María de Ferreira. Este mes, a Consellería de Cultura e Turismo licitou as obras por 523.511 euros, para executar en seis meses.

VARIOS USOS
Dende a Consellería subliñaron que a restauración e posta en valor afecta á antiga hospedería, a casa do capelán, a torre barroca e a planta baixa da ala leste do conxunto arquitectónico de Ferreira. O proxecto recupera o vello uso da hospedería, servizo ao que tamén se incorporará a casa do capelán. A planta baixa da fachada principal servirá de espazo de recepción e de información sobre a zona. A torre incorporarase á visita cultural do conxunto.
Con carácter previo, a Xunta asinou en outubro un convenio coa comunidade do Divino Salvador de Ferreira, para dispoñer dos espazos. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio