Crónica del sur de Lugo

O primeiro rosado de mencía de Vía Romana ten sabor solidario

O xerente de Vía Romana, a directora técnica e o enólogo, presentaron o rosado xunto ao representante de Chantada Contra o Cancro, entidade á que se destinará 1,5 euros por cada botella.FC

A adega chantadina Vía Romana vén de presentar o primeiro viño rosado elaborado con uva mencía cen por cen. O xerente da adega, Juan Luis Méndez, explicou que este viño, correspondente á añada de 2017, estará no mercado no mes de decembro. O novo viño rosado “é moi fácil de beber, e é máis asequible para un público máis xove”, segundo precisou Paula Carballada, directora técnica da adega. O viño procede de cepas propias de entre 20 e 60 anos, con 8 meses en depósito e outros 6 en botella.
Ademais, o rosado de Vía Romana terá un sabor moi solidario. A adega doará 1,5 euros por cada botella a beneficio da asociación Chantada Contra o Cancro. O seu responsable, Manuel Vázquez, agradeceu á adega, “e en especial a Juan Luis Méndez, toda a axuda recibida dende que a asociación naceu en decembro de 2016”.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio